Este programa é unha atractiva alternativa ao administrador de arquivos que levan os sistemas operativos de Windows. Nel poderás atopar tódalas funcións básicas precisas para manexar os teus arquivos, ademáis de outras moitas funcións adicionais. Pode ser usado para comparar directorios, amosar os tamańos dos cartafois, sincronizar directorios, establecer filtros, crear listas de cartafois (para imprimir), cambiar atributos e datas de arquivos, facer capturas do Escritorio, visualizar imaxes, abrir e crear arquivos .zip e .cab, abrir arquivos .rar, etc. Ademáis, se copias o directorio de instalación nun Cd, un Pen-Drive USB ou incluso nun disquette, poderás traballar con este programa en calquera outro ordenador.
|