Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → e-Counter


e-Counter
Galician e-Counter é un contador dixital que marca en pantalla o paso dun tempo especificado polo usuario.

Cando este remata, o programa pode executar un efecto de son ou visual na fiestra principal, apagar automáticamente o ordenador ou pechar a conexión a Internet.

Dispón dun driver para o idioma externo ó código do ficheiro executable, o cal fai posible a traducción instantánea da interfaz no idioma desexado (entre os idiomas dispoñibles).

Engadiuse unha vista reducida para que o temporizador ocupe unha área máis pequena na pantalla respecto á fiestra principal.

O pack preséntase cun programa de instalación, que facilita a copia dos ficheiros e das librerías de sistema para que funcione correctamente en diferentes versións do sistema operativo WINDOWS®. ¡Ademáis, gracias a internetUPDATE, actualizar o programa agora é máis doado que nunca!.

A diferencia da maioría de programas similares, dispoñibles en Internet, e-Counter é DE BALDE e as súas caracteristicas fanno único no seu xénero. A interfaz foi deseñada para facilitar o uso, logrando que o impacto visual sexa o máis agradable posible.

A través da fiestra das opcións, poden modificarse algúns parámetros, entre eles:

  • Tipo de fonte das que dispón o sistema.
  • Tamaño do contador na fiestra principal.
  • Efecto de son ó rematar o tempo indicado.
  • Efecto visual ó rematar o tempo indicado.
  • Temporizador con 6 cifras (máx. 99 horas, 59 minutos e 59 segundos).
  • Play / Pause durante a sesión.
Comments - Category: Galician language - Added on 16th Feb 2003 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |