 |
Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor
envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio ! |
| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ...
|
Calibre permíteche administrar a túa librería de ebooks dun xeito rápido, cómodo e eficiente. Podes incorporar libros en multitude de formatos para despois realizar a conversión ao LRF, EPUB ou ...
|
340 programs, showing page 9 of 34
← 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 →
|
E-Piano
|
E-Piano é un programa para tódolos posuidores de teléfonos móbiles Ericsson . Utilizando E-Piano podedes crear a vosa propia melodía para o voso teléfono móbil de xeito doado e fácil. Pódevos axudar ata no caso de non ser músico xa que contén a lista de melodías que poden ser usadas automáticamente no voso teléfono móbil. E-Piano tamén contén un teclado moi útil para crear as vosas propias melodías. Esta melodía pódese gardar sen dificultades. O programa contén ademáis un soporte multilingüe.
NOTA: Para disponer da versión en galego, deberás descargar un arquivo de idioma dende a mesma páxina.
|
Hits in this month: 11 - Added: 2nd Jan 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
E2Browser
|
Este programa é un elegante navegador baseado en Internet Explorer que inclúe diversas ferramentas de gran utilidade coas que navegar polas túas páxinas favoritas será máis cómodo e pracenteiro. Un dos principais extras é unha utilidade de recolección de información, na que podes copiar e pegar todos aqueles textos que che interesen de calqueira Web, téndoos sempre organizados e a man; unha forma moi práctica de recopilar datos de diversos sitios Web. Tamén dispón dun visualizador integrado para fotos e un reproductor co que poderás escoitar a túa música preferida mentras navegas, ou incluso ver vídeos, con soporte para un amplo abano de formatos multimedia. A navegación é moi cómoda gracias ao seu sistema de etiquetas que che permite abrir tantas páxinas como queiras nunha soa fiestra (tamén clasificadas por grupos). O programa permíteche ademáis bloquear fiestras pop-up, eliminar restos de navegación, deshabilitar scripts e restrinxir o acceso a certas páxinas. Podes tamén crear combinacións de teclas para as máis diversas funcións, establecer un buscador por defecto e accesos directos aos cartafois que uses con maior frecuencia.
Aquí podes descargar o arquivo coa traducción ao galego
|
Hits in this month: 19 - Added: 2nd Sep 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Easy Burning
|
Easy burning é un sinxelo e eficiente programa de gravación.
É o xeito máis doado de facer copias de seguridade en CDR/CDRW e de crear arquivos ISO. Funciona coa maioría das gravadoras de CD e pode escribir arquivos, cartafois, imaxes e todo o que queiras. Fácil de usar grazas a unha interfaz de uso realmente simple, o mesmo che vale para crear un CD dun cartafol como para facer unha copia de seguridade da túa colección de Mp3. Soporta o modo multisesión e no instalador trae integrado CDR-TOOLS.
ScreenShot
|
Hits in this month: 12 - Added: 2nd Mar 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Easy Split 2002
|
Easy Split 2002 é unha sinxela utilidade para cortar e unir arquivos. Podemos cortar os arquivos especificando o número de partes ou o tamaño de cada parte. Os arquivos poden unirse utilizando o propio programa ou por medio dun arquivo no caso de non ter Easy Split 2002 . Easy Split corta os arquivos moi rápidamente e ten unha bonita e moderna interface.
|
Hits in this month: 20 - Added: 30th Dec 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Easy Text To HTML Converter
|
Aplicación que proporciona unha rápida e sinxela conversión de ficheiros de texto (*.txt, *.rtf) e bloques de textos situados no portapapeis, ao formato HTML. A conversión realízase en tres diferentes modos: ficheiro individual, lista de ficheiros e bloque de texto, que son seleccionados polo usuario. Adicionalmente o programa permite que se escolla tamén o tipo de formato, a detección automática para reemprazo de símbolos especiais e outras opcións.
A traducción deste programa ao galego foi realizada por Xosé Antón Vicente.
|
Hits in this month: 69 - Added: 16th Apr 2005 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
eMule
|
eMule é un clon de eDonkey que está sendo desenvolto baixo licencia Open Source.
As novas versións do programa ofrecen novas funcionalidades e características das que non disporá a versión "oficial".
De feito o programa actualmente é máis popular incluso que o programa ao que clona, xa que mellora o aspecto gráfico, pero sobre todo a velocidade de descarga dos contidos.
|
Hits in this month: 40 - Added: 4th Sep 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Erunt
|
Restaura e fai copia de seguridade para Windows NT/2000/XP . Fai a copia de seguridade do rexistro de Windows NT/2000/XP no cartafol que elixas - Podense seleccionar os rexistros do usuario actual e o sistema - Liña de comandos para restauración e copia de seguridade do rexistro automatizadas - Restaura o rexistro en Windows 9x/Me/NT/2000/XP e MS-DOS (todo nun programa de restauración)
ScreenShot
|
Hits in this month: 12 - Added: 31st Aug 2004 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Escala
|
Pequena aplicación "en liña" para traballar o concepto de escala.
A escala é a relacion entre as medidas reais e as que aparecen no plano. Aquí propoñémosche 5 exercicios para resolver, medir en cm e -tendo en conta a escala- poñer a distancia real en metros. Ah! se hai decimais non te esquezas de empregar o punto (ex. 0.50 m).
|
Hits in this month: 12 - Added: 21st Oct 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
340 programs, showing page 9 of 34
← 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 →
ReCache this page 2010-03-11 04:40:07 CET |