 |
Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor
envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio ! |
| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ...
|
Calibre permíteche administrar a túa librería de ebooks dun xeito rápido, cómodo e eficiente. Podes incorporar libros en multitude de formatos para despois realizar a conversión ao LRF, EPUB ou ...
|
340 programs, showing page 7 of 34
← 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 →
|
Counter Strike
|
Popular xogo que fai furor na rede de redes. Counter Strike sitúanos en diferentes ambientes e mapas nos que uns fan de bós e outros de malos, policías SWAT contra terroristas, cada un cun obxectivo final: eliminar ó enemigo. Neste proceso, uns teñen que rescatar a prisioneiros e outros teñen un tempo de cinco minutos para colocar unha bomba nun sitio definido do mapa. Ao comezar, cada xogador dispón de cen puntos de vida e cen de armadura se merca o escudo protector que fai as veces de chaleque antibalas. O bando que gaña recibe unha compensación económica que serve para mercar máis e mellores armas.
Entre as moitas virtudes de este xogo está o seu desmesurado realismo, o xenial mostrario de armas que os xogadores teñen á súa disposición e as tácticas dentro dos máis variopintos mapas, entre os que cabe destacar: Dust, Inferno, Cobble, Aztec, Vegas, 747, Militia, Oilrig e Vértixe. Nalgún deles hai, segundo os seus creadores, decenas de imaxes reais.
Ligazón directa ao parche que traduce Counter Strike ao galego
|
Hits in this month: 15 - Added: 20th Dec 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
CUE Splitter
|
Con esta aplicación poderás dividir (separar) grandes arquivos CUE / MP3 creados por programas como CDRWin ou similares, nunha serie de arquivos MP3 individuais, cada un de eles coa duración, o nome orixinal e as etiquetas IDv1 e IDv2 especificadas no arquivo CUE. Ademáis posúe algunhas opcións adicionais de personalización dos MP3 creados e permite asociar o programa coa extensión CUE.
|
Hits in this month: 10 - Added: 30th Aug 2005 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
CurrPorts
|
Esta utilidade amosache unha lista dos portos TCP/IP e UDP actualmente abertos no teu ordenador local. Amosa para cada porto da lista a información do proceso que abreu o porto, incluindo o nome, a ruta completa e a información de versión do proceso (nome do producto, descripción do arquivo, etc), a hora de creación do proceso e o usuario que o creóu. Ademáis permite pechar as conexions TCP non desexadas, eliminar o proceso que abreu os portos e gardar a información dos portos abertos nun ficheiro HTML, XML ou nun arquivo de texto delimitado por tabulación. Tamén sinala automáticamente en cor rosa os puertos apropiados por aplicacions non identificadas (aplicacions sen versión de información e sen iconos). NOTA: Esta utilidade traballa perfectamente con Windows 2000 e Windows XP. Tamén podese usar con anteriores versions de Windows (Windows 98/ME), pero nestas versions a información do proceso para cada porto non será amosada.
|
Hits in this month: 11 - Added: 31st Jul 2004 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Dam
|
Xogo internacional de damas de 10 x 10. Permite diferentes opcións de xogo como: xogador contra xogador, computador contra xogador ou computador contra computador. Tamén podemos xogar partidas en liña contra outros contrincantes. Inclúe un completo manual de axuda en galego.
|
Hits in this month: 13 - Added: 19th Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Date Reminder
|
Date Reminder amosa un listado dos acontecementos previstos para cada día. Podes lembrar os seguintes días ou semanas. Date Reminder lémbrache a túa axenda cada vez que inicies o ordenador.
O programa ten como predeterminado o idioma inglés pero tamén pode funcionar en alemán, francés, español, catalán ou galego.
|
Hits in this month: 12 - Added: 26th Feb 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
DeKnop
|
DeKnop é un editor de gráficos deseñado para permitirche crear botóns para a túa páxina Web sen precisar calquera tipo de experiencia en plan gráfico.
Está provisto dunha interface paso-a-paso que che permite seleccionar o texto, estilo de fonte, cor, perspectiva 3D, tamaño, gradientes e moitos outros aspectos.
|
Hits in this month: 13 - Added: 27th Mar 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Dev-C++
|
Opción para os que empezan a programar en C/C++ xa que se trata dun compilador e entorno de desenvolvemento para esta linguaxe. Permite crear aplicacións dende cero, leva un completo depurador de código e un xerador de instaladores. Este programa instala arquivos que traducen o Bloodshed Dev-C++ 5.0 ó galego. Debes ter instalado previamente o Bloodshed Dev-C++ no teu disco duro. Logo abre-lo programa e en tools-environment options-interface-language escolles galego.
ScreenShot
|
Hits in this month: 9 - Added: 1st Mar 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
340 programs, showing page 7 of 34
← 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 →
ReCache this page 2010-03-13 12:36:44 CET |