Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

HomeFreeware in your language → Galician language - Freeware Programs

Suggest a Program


Most Popular in Category Newest in Category
Qcad: O Qcad é un programa de debuxo linear en 2D con licencia GPL para Unix e Windows. A tradución ao galego correu a cargo de Manuel Anxo Rei. Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
341 programs, showing page 33 of 35
31 32 33 34 35

WhoisThisDomain
Galician Esta utilidade permíteche obter fácil e rápidamente información sobre un dominio rexistrado. Automáticamente conecta co servidor WHOIS adecuado e recupera o rexistro WHOIS do dominio en cuestión. Soporta dominios xenéricos e dominios con código de pais.
Comments - - Added on 12th Oct 2005 by av -
Win32Pad
Galician Utilidade idónea para reemprazar ao Bloc de Notas de Windows, sendo unha versión con notables melloras sobre o incluido por defecto no sistema operativo. Algunhas de estas melloras son unha barra de ferramentas con iconos representativos de cada función, un contador de liñas e columnas que indica a posición do cursor, destaca as URL e direccións de e-mail, lista de últimos arquivos abertos para poder abrilos de novo comodamente, amosa se tés activado sobrescribir ou inserir, pódese minimizar á barra de tarefas, saír do programa con só usar a tecla Escape, etc. E sobre todo non tén o límite de tamaño á hora de abrir arquivos, podéndose usar con arquivos de texto de máis de 64 Kb (ao contrario do que ocorre co Bloc de Notas de Windows).

Link directo ao executable de Win32Pad ao galego
Comments - - Added on 3rd Aug 2003 by av -
WinAmp
Galician Reproductor multimedia que soporta a maioria dos formatos de audio; inclue ecualizador, efectos de video e de son.
Este programa instala arquivos que traducen o Winamp 3.0 ó galego, nunha versión sen acentos, e a outra con acentos. Debes ter instalado previamente o Winamp 3 no teu disco duro, e despois instalas o programa de traducción no mesmo cartafol. Unha vez instalado, abres o Winamp e nas opcións escolles galego sen acentos, ou con acentos, segundo teñas instalado o módulo de internacionalización UTF-8 do programa (razón pola que poño dúas versións).
Comments - - Added on 27th Oct 2003 by av -
WinDIZ
Galician Con esta utilidade poderás explorar fácilmente os teus arquivos Zip, o cal é moi útil se tés toneladas de eles e non podes lembrar que hai dentro. A maioría dos arquivos Zip conteñen un arquivo DIZ, Leame.txt ou algún outro tipo de texto que da unha visión xeral do software e WinDiz permíteche velos no seu visualizador interno sen ter que abrir o arquivo Zip. Tamén ten un compresor integrado moi doado de usar, ademáis de outras funcións adicionais que inclúen soporte de etiquetas ID3 (v1 e v2) e un pequeno administrador de arquivos.

Aquí podes descargar o parche coa traducción ao galego
Comments - - Added on 1st Sep 2003 by av -
WindowHTML
Galician Crea páxinas HTML con apariencia de fiestras de Windows
Utilidade para crear páxinas HTML con apariencia de fiestra de Windows. Só tes que escribir o contido. Non terás que debuxar cada gráfico nin crear bitmaps manualmente.
NOTA: Para cambiar a anchura da fiestra, redimensionar a fiestra do programa. Tamen debemos cambiar o formato das imaxes creadas de .bmp a .gif .
Ligazón directa ao programa en galego
Comments - - Added on 6th Jul 2004 by av -
Windows Configurator
Galician Windows Configurator é un programa que perme trocar diferentes parámetros do Windows 95/98/Me.
Co Windows Configurator podedes:

  • Trocar entre 38 iconos de sistema
  • Cambiar, borrar ou desinstalar entradas de programas que aparecen en Agregar/Eliminar entradas.
  • E moitas máis funcións para optimizar Windows.
Comments - - Added on 7th Jan 2003 by av -
WinRoll
Galician Sinxelo programa para poder traballar no escritorio con mútiples fiestras abertas. O programa redúceas á barra de título e cun só clic co botón dereito do rato nunha delas esta volta ó seu estado maximizado. Inclúe código fonte do programa.

Ligazón directa para baixar o programa en galego
Comments - - Added on 7th Sep 2003 by av -
WinUpdatesList
Galician Este programa amosa unha lista de todolos parches, actualizacions e paquetes do servicio Windows Update instalados no teu sistema. Ademáis permite abrir instantáneamente o sitio web de Microsoft que proporciona máis información acerca do elemento seleccionado. Tamén pode desinstalar a actualización seleccionada, copiar a información ao portapapeis ou gardala nun arquivo en formato TXT, HTML ou XML. En Windows 98/ME algunhas columnas non se amosan porque a información relacionada non se garda no Rexistro como ocorre en Windows 2000/XP.

screenshot ScreenShot

Comments - - Added on 31st Jul 2004 by av -
WirelessNetView
Galician Se tés no teu PC un adaptador de rede wireless, con esta utilidade poderás monitorizar a actividade de todas as redes wireless que hai ao teu arredor. De cada unha das redes detectadas amosaráseche información variada, como o nome SSID, a calidade do último sinal, a calidade media do sinal, o algoritmo de autentificación, o algoritmo de cifrado, etc.

screenshot ScreenShot

Comments - - Added on 19th Mar 2008 by av -
WordPress
Galician O máis popular CMS para weblogers.
Entre as melloras das últimas versións podemos destacar:
  • Manexo de páxinas estáticas. Agora xa se poden administrar dende Wordpress.
  • Manexo de Temas: Pódese cambiar de estilos máis fácilmente, dende a pantalla de administración e sen ter que tocar código.
  • Limpouse o código fonte.
  • Interfase de administración mellorada.
Para poñer o CMS en galego, segue as instruccións de esta páxina.
Comments - - Added on 17th Mar 2005 by av -

341 programs, showing page 33 of 35
31 32 33 34 35


ReCache this page
2012-05-25 06:52:47 PDT

Admin Login | Home | Top of this page |