| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Hot Potatoes: Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá). Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como: Cuestionarios de ...
|
Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
|
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
340 programs, showing page 3 of 34
← 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 →
|
Ardora
|
Ardora é unha aplicación informática que permite, a todas e todos os docentes, crear as súas propias actividades, en formato html, para os seus alumnos e alumnas dun xeito moi sinxelo.
Con Ardora pódense crear máis de 30 tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc. O profesor ou profesora só debe centrar o seu esforzo nos elementos da actividade non no seu tratamento informático.
Unha vez introducidos os elementos da actividade, mediante formularios moi sinxelos, Ardora creará a páxina web e o arquivo (applet de Java) que contén a actividade, ahora só precisará un navegador para visionar e poder realizar o exercicio deseñado. Ardora é totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sen caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Non está permitida a súa descompilación en todo ou en parte. O autor da aplicación é José Manuel Bouzán Matanza.
ScreenShot
Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff
|
|
Comments -
- Added on 21st Nov 2005 by av -
|
|
As 4 estacións de Vivaldi
|
Ademáis do xogo de preguntas e respostas sobre distintos aspectos da obra, inclúe unha breve biografía de Vivaldi e documentación sobre o contexto histórico, social, artístico e cultural.
|
|
Comments -
- Added on 17th Jul 2005 by av -
|
|
Asterisk Logger
|
Con esta utilidade poderás revelar os contrasinais escondidas tras esos caracteres de asterisco ('****') que usan moitas aplicacións tales como CuteFTP, VNC, IncrediMail, Outlook Express e outras. Aínda que funciona con moitas aplicacións, hai algunhas de elas (e tamén algúns compoñentes do sistema operativo) cos que non será efectivo, xa que non gardan os contrasinais tralos asteriscos. Tampouco revela os contrasinais das páxinas web en Internet Explorer, xa que aquí guárdanse os contrasinais de maneira diferente a outras aplicacións.
|
|
Comments -
- Added on 11th Dec 2004 by av -
|
|
Atnag
|
Programa que funciona baixo Linux e permite crear diferentes tipos de actividades (Axeitado e recomendábel para alumnos e alumnas de Infantil e o Primeiro Ciclo de Primaria):
- Esponxa: Para deseñar unha actividade coa que acadar destreza no manexo do rato, borrando ou cubrindo un debuxo.
- Clic: Para seguir mellorando a destreza co rato sobre un elemento, xa sexa desprazándoo ou facendo clic co botón esquerdo.
- Memoria: Para atopar figuras idénticas abríndoas de dúas en dúas.
- Memoria 2: Asociando as cartas con un son ou texto (Moi interesante na aprendizaxe doutras linguas).
- Intruso: Atopar entre doce elementos aquel que non é igual aos demáis.
- Dominó: Permite deseñar un xogo no que o alumno ten que completar ou construir as dúas caras dun conxunto de dominó.
- Número (Cantidade): O alumno terá que contar o número de elementos da pantalla.
- Número (Relación): O alumno ten que atopar os valores de todas as caras do dominó que corresponden co valor que indica o dado, tirado ao chou.
- Caída (Letras-Números): O alumno terá que impedir que as letras, sílabas, palabras ou números que descendan toquen o chan, premendo antes a letra, sílaba, palabra ou número no teclado.
- Xeoformas: O alumno terá que construir e colorear un debuxo dado con figuras xeométricas (círculos, cadrados, triángulos), segundo o modelo proposto.
- Formas e cor: Atopar a través dunha serie de debuxos construidos por formas xeométricas -divididas en catro partes e coloreada cada zona- unha forma concreta segundo as cores que a constitúen.
- Labirinto: O alumno terá que moverse utilizando as frechas de dirección no labirinto. Hai varias opcións para este xogo.
- A oca: O alumno terá que moverse no taboleiro do xogo da Oca, segundo o número de casiñas determinado por unha tirada aleatoria.
- Seleccionar (Tamaño): Para atopar nun conxunto de elementos o obxecto concreto segundo a orde dada.
- Clasificar (Tamaño): O alumno ten que clasificar un conxunto de elementos segundo a orde dada.
- Test: O alumno deberá escoller unha resposta entre varias, para cada unha das preguntas propostas.
- Letras e números: Consiste en facer desfilar unha serie de fotos, premendo a primeira letra do obxecto representado para poder pasar á seguinte.
- Cadro de dobre entrada: O alumno terá que acertar unha serie de asociacións nun cadro de dobre entrada.
- Crebacabezas: O alumno deberá construir un crebacabezas. Diferentes posibilidades como asociar sons, ordenar secuencias,...
- Colorear 1: Colorear libremente ou segundo a orde dada.
- Colorear 2: Con etiquetas, reproducir un debuxo de modelo, ordenar frases,...
- Relacionar 1: Para establecer relacións segundo diferentes criterios: círculo-óvalo, cor, dentro-fóra.
- Relacionar 2: Relacións segundo varios criterios: Valores.
- Lectura: Permite a clasificación dos nomes das imaxes por letras, sílabas, fonemas, asociación, ortografía, plurais.
- Bits I: A partires deste motor é posible aplicar na aula o Método de Estimulación Temperá de Glenn Doman. Imaxes e Texto.
- Bits II: Bits de Intelixencia e Contos.
- Bits III: Contos con texto.
- Bits IV: Aprendizaxe de conceptos matemáticos de cantidade e Resta de Cantidades.
- Bits V: Suma ou Resta.
A Coordinadora de este proxecto en español é María Dolores Almansa (Proxecto Cor-Edux). O Traductor ao galego: Xosé Antón Vicente.
ScreenShot
|
|
Comments -
- Added on 7th Feb 2007 by av -
|
|
AtNotes
|
Coloca notas no Escritorio con múltiples opcións
Permite arrastrar e redimensionar cada unha das notas que coloque no Escritorio, anque por defecto a nota redimensionarase ao tamaño do texto inserido.
Ten varias fontes para poder cambiar o aspecto das notas ao gusto, ao igual que a cor de fondo, do texto, dos bordos de cada unha das notas.
Pode definir alarmas sonoras ou visuais para cada unha das notas; e ademais, facer que estas alarmas continúen hasta que se lles faga caso ou simplemente que avisen unha única vez
Aquí podes descargar o arquivo coa traducción ao galego
|
|
Comments -
- Added on 22nd Oct 2002 by av -
|
|
Audacity
|
Audacity é un editor de sons libre e fácil de usar para Windows, Mac OS X, GNU/Linux, e outros sistemas operativos. Pode usar Audacity para:
- Gravar sons en vivo.
- Convertir cintas e gravacións a son dixital ou CD.
- Editar arquivos Ogg Vorbis, MP3 e WAV.
- Cortar, pegar, empalmar e mesturar sons.
- Cambiar a velocidade ou o tono dunha gravación.
- E moito máis.
Audacity é software libre, desenrolado por un grupo de voluntarios e distribuído baixo a Licencia Pública General de GNU (GNU GPL).
Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff
|
|
Comments -
- Added on 19th Dec 2005 by av -
|
|
BakadoPlayer
|
Este programa é un reproductor multimedia orientado aos videos e películas con subtítulos. Utiliza o motor do Windows Media Player e a súa principal ventaxa é que proporciona fiestras separadas para a visualización dos videos e os subtítulos, co que podemos ver os videos sen que che molesten os subtítulos. Permite navegar a través da lista de subtítulos e pódense personalizar a fonte, a cor, o fondo e o tamaño dos mesmos.
|
|
Comments -
- Added on 13th Dec 2005 by av -
|
|
BDV Notepad
|
Pequeno e simple editor de texto ao estilo do Bloc de Notas de Windows. Proporciona unhas cantas melloras respecto a éste último tales como teclas de acceso rápido extendidas, soporte de tamaño de texto ilimitado, barra de estado, ir a unha posición indicada, ...
FUNCIÓNS:
Consérvanse tódalas funcións básicas do Bloc de Notas de Windows.
Non soporta:
- As claves de liña de comandos (por exemplo /p)
- Os titulares de páxina
- A inserción de data
- A apertura de arquivos que non sexan de texto (exe, jpg e outros)
Funcións adicionais:
- Funciona con arquivos de calquera tamaño
- Accesos directos
- Auto-gardado de parámetros
- Panel de información na parte inferior da fiestra, barra de ferramentas
- Impresión do fragmento seleccionado
- Reemprazo automático
- Ir a unha posición
- Interfaz multi-idioma:inglés, español, ruso, ucraniano e galego
- Conversión de código de páxina Win-Dos
- Cambio de tipo de letra
Aquí podes descargar o programa co arquivo en galego
|
|
Comments -
- Added on 30th Nov 2003 by av -
|
|
Bemposto
|
Bemposto é un autocorrector de textos en galego para Microsoft Word na versión 97 e 2000. Funciona con versións deste procesador de texto sobre plataformas Windows 9X, NT e 2000.
Non se debe instalar esta ferramenta se no computador está instalado calquera versión do software Panda Antivirus. Este software é totalmente incompatible co Bemposto, e podería ocasionar danos irreparables na configuración e funcionamento do computador.
Bemposto é un producto de Vieiros realizado por Acordar –deseño informático e gráfico–, e Xosé Manuel Pérez Sardiña na dirección e asesoramento lingüístico.
|
|
Comments -
- Added on 27th Oct 2003 by av -
|
|
Biblio
|
BIBLIO é unha aplicación destinada á xestión e administración de bibliotecas de centros educativos: Consultas bibliográficas, altas de libros, xestión de préstamos, listados, etc
Actualmente, o programa Biblio é totalmente gratuito mentras estea pensado utilizarse en centros educativos.
|
|
Comments -
- Added on 21st Oct 2002 by av -
|
340 programs, showing page 3 of 34
← 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 →
|