 |
Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor
envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio ! |
| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ...
|
Calibre permíteche administrar a túa librería de ebooks dun xeito rápido, cómodo e eficiente. Podes incorporar libros en multitude de formatos para despois realizar a conversión ao LRF, EPUB ou ...
|
340 programs, showing page 2 of 34
← 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 →
|
AdapterWatch
|
AdapterWatch desprega na súa interfaz cinco pestanas que ordenan os datos sobre os adaptadores de rede:
- A primeira recolle a información sobre as tarxetas de rede, servizos (WINS, DHCP, DNS, etc.), transmisión de datos, direccións, etc.
- Na segunda atópanse as estatísticas TCP/UDP con datos de erros, conexións e moitos detalles máis.
- A terceira e cuarta refírense ás estatísticas IP e ICMP respectivamente.
- A quinta e última, indica o nome do Host, o do dominio, os servidores DNS, os tipos de nodos, o nome de alcance DHCP, routing, ARP Proxy e DNS.
En definitiva trátase dunha ferramenta que reúne nunha soa interfaz unha inxente cantidade de datos sobre todos os aspectos relacionados cos adaptadores de rede.
ScreenShot
|
Hits in this month: 17 - Added: 30th Jun 2008 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Alén
|
Alén é un asistente de tradución que permite converter textos escritos en castelán a galego normativo rápida e comodamente.
O seu deseño faino a ferramenta ideal para todo aquel que ten que realizar traducións tanto habitual como esporadicamente.
A versión actual incorpora os últimos cambios na normativa.
Principais características:
- Tradución de documentos en formato RTF
- Importación doutros formatos (documentos de Word, HTML...)
- Dicionario de máis de 7000 palabras (sen contar formas verbais)
- Aprendizaxe de novas palabras
- Proceso de tradución totalmente automático, que só precisa da intervención do usuario ó seu remate
|
Hits in this month: 21 - Added: 3rd Nov 2007 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
AM-DeadLink
|
AM-DeadLink detecta links rotos ou duplicados no teu Marcador do Navegador . Se un marcador se volveu inservible podes eliminalo do teu Navegador. AM-Deadlink verifica os marcadores de Internet Explorer, Opera e Netscape.
|
Hits in this month: 13 - Added: 30th Dec 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
AM-Notebook Lite
|
AM-Notebook é unha utilidade que nos ofrece unha maneira doada de gardar notas. Entre outras ferramentas presenta unha Libreta de direccións integrada ou un espertador para non esquecer datas significativas. As notas importantes poden ser encriptadas, e se queres velas terás que introducir un contrasinal.
|
Hits in this month: 11 - Added: 20th Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
AMP Font Viewer
|
É un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela.
Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha.
Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas.
O programa non precisa instalación, simplemente descomprime o
arquivo da páxina do traductor en http://www.blogia.com/martinho e executa o programa, para telo en galego terás que ir ao menú languages e escoller o idioma "español".
|
Hits in this month: 15 - Added: 21st Nov 2004 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
aMSN
|
Un clon de MSN Messenger para o linux. Esta é unha versión modificada e en múltiples linguaxes do Compu'S Messenger (CCMSN).
Características:
Sonido para os eventos, apariencia e manexo similar ó MSN Messenger orixinal, multilinguaxe, transferencia de arquivos, soporte para grupos.
|
Hits in this month: 14 - Added: 29th Aug 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Apertium
|
Tradutor automático galego-castelán-galego realizado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo de carácter gratuíto. A través deste servizo de nome Apertium pódense obter traducións automáticas de documentos (.txt, .rtf ou .html) sen límite de caracteres, traducir automaticamente o texto escrito na pantalla, ou mesmo navegar "en tempo real" pola web en galego sobre webs en castelán ou en castelán sobre webs castelás.
Esta é aínda a versión inicial, apoiada sobre un dicionario bilingüe de 8.500 termos. Nas próximas actualizacións, hase de completar o tradutor con máis equivalencias e utilidades. Detéctanse nas primeiras probas abondosos erros de sintaxe e coherencia, pero iso non impide que sexa o mellor tradutor de galego aberto ao público.
|
Hits in this month: 20 - Added: 22nd Nov 2005 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Araneae
|
Araneae é un potente editor de textos para Web. É unha ferramenta que propociona os rasgos necesarios para crear páxinas web de acordo coas últimas tecnoloxías da rede.
Funciona con Windows 95/98/ME/NT/2000/XP .
|
Hits in this month: 13 - Added: 12th Jan 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
340 programs, showing page 2 of 34
← 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 →
ReCache this page 2010-03-12 05:23:36 CET |