 |
Ola, o meu nome é Xosé Antón Vicente e son o encargado de levar a sección galega de Primewares. Se coñeces algún freeware en galego ou inglés con arquivos en galego, por favor
envíame un correo electrónico co nome do programa e a URL. Incluireino no banco de datos tan pronto como sexa posible. ¡ Grazas polo apoio ! |
| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Phorum é un script baseado en PHP e web para a creación de foros, que ten como obxectivo o ser totalmente utilizable independientemente da base de datos utilizada e da plataforma ou sistema ...
|
Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
|
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
Array
(
)
341 programs, showing page 15 of 35
← 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 →
|
KeePass
|
KeePass é un programa de xestión de contrasinais, xa está dispoñible en galego na súa versión de MS-Windows grazas ao traballo de Amieiro e na de GNU/Linux (chamada KeePassx ) a tradución correu a cargo de Daniel Muñiz. Esta útil ferramenta libre garda os distintos contrasinais das túas múltiples contas de correo, de páxinas web... A tradución está dispoñible para MS-Windows e GNU/Linux, Mac, PalmOS, Pocket PC, Smart Devices e U3P. Para a instalación do programa, salvo na versión de Windows, debes descargar a aplicación e o paquete de idioma correspondente.
As garantías de seguridade de KeePass son as máximas xa que a base de datos está encriptada empregando os mellores e máis seguros algoritmos de encriptación coñecidos hoxe en día (AES e Twofish).
ScreenShot
|
Hits in this month: 1 - Added: 25th Feb 2007 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Keyboard Explorer
|
Keyboard Explorer é un programa educativo de adestramento no uso de tódalas teclas comúns no teclado do ordenador. É impresicindible para a aula de informática en centros educativos e academias. En aproximadamente 60 minutos , un usuario novato pode entender a función das diferentes teclas do ordenador, sen a intervención dun supervisor.
É importante sinalar que Keyboard Explorer non é un titor de mecanografía. Só explica o uso das diferentes teclas do teclado.
|
Hits in this month: 1 - Added: 15th Feb 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Labirinto
|
Sinxelo programa para resolver labirintos coas frechas do teclado. Permite modificar os seus parámetros como: anchura do camiño, ou grosor e altura das paredes. Os labirintos poden estar construidos en estilo hexagonal ou rectangular.
|
Hits in this month: 1 - Added: 19th Oct 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Lectura de textos
|
Para alumnos con discapacidades motóricas e/ou visuales. Le o contido da fiestra de edición que teña o foco de calquera programa windows.
Hai distintas opcións de lectura, como ler o contido do portapapeis ou a selección actual.
Adxúntase un breve manual en Word 97.
Para que funcionen as capacidades de lectura é necesario que se teña instalado préviamente o sintetizador de voz UPCTV dispoñible no CD Sinera 99 distibuido polo PIE.
Este programa non só é útil na Educación Especial:
- Si queremos que el ordenador nos lea calquera texto, unha páxina WEB...
- Se temos copiado un texto e queremos comprobar que o fixemos correctamente sen necesidade de ir do papel á pantalla.
- Se queremos comprobar que escribimos unhas cualificacións correctamente.
|
Hits in this month: 1 - Added: 30th Mar 2003 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
LeechFTP
|
LeechFTP é un cliente FTP de distribución libre para Windows. Ademais de poder descargar arquivos usando o protocolo FTP, pode facelo co protocolo HTTP.
O elemento máis importante do LeechFTP é a Cola de Traballos: Cando vostede decida descargar ou cargar o arquivo, os arquivos non se transfiren de xeito inmediato. En cambio, toda a información sobre a descarga gárdase na Cola de Traballos. Todas as actividades como descargar, cargar ou explorar directorios son considerados traballos e procésanse un detrás doutro. O procesamento é levado a cabo por fíos de procesamento independentes, de xeito que vostede poida continuar navegando polos cartafoles ou conectarse a outros servidores. Cada fío de execución conéctase ao seu correspondente servidor e comeza a procesar os ítems na cola. O máximo número de fíos de execución está limitado na actualidade a 16. O uso de fíos de execución optimiza o uso do procesador, de xeito que vostede poida executar varias transferencias simultáneas.
|
Hits in this month: 1 - Added: 11th Nov 2002 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
LIM
|
O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, cada arquivo denomínase libro, e cada actividade páxina. As páxinas poden ser interactivas (sopas de letras, quebracabezas, preguntas , etc ) ou descritivas (amosan información).
As vantaxes técnicas son as ligadas a internet:
- Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
- Accesibilidade inmediata.
- Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
- Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
- Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
Desde o punto de vista educativo podemos destacar:
- Contorna agradábel.
- Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
- Actividades atractivas.
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación de exercicios.
- Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
- Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e Encerados Dixitais Interactivas.
- Resposta inmediata correcto/incorrecto.
- Creación de actividades de forma sinxela.
Para o correcto funcionamento dos libros son precisos tres arquivos: unha páxina web , o player (lim.swf) e o arquivo de configuración ( extensión .lim). Ademais os recursos necesarios deben almacenarse nun directorio accesible para o player.
Por suposto debemos ter instalado o plug-in de flash, actualmente a versión 8.
Para facilitar o traballo de creación de páxinas existe a ferramenta EdiLim, pero podemos utilizar calquera procesador de textos.
O autor desta ferramenta é o mestre e informático: Fran Macías.
ScreenShot
|
Hits in this month: 1 - Added: 13th Feb 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Lixeiriño - Misión en Narón
|
Xogo arcade multiplataforma para que os nenos aprendan o básico da reciclaxe.
Argumento do xogo: Lixeiriño é un superheroe e como tal terá que ir limpando o lixo das rúas. Pero é pouco convencional e o lixo para Lixeiriño non son os delincuentes chegados do espacio exterior senón a polución, os papeis no chan e o lixo mesturado. Ensinar a separar os desperdicios en Narón é a súa primeira misión.
Foi pensado para que os cativos tivesen unha idea do que é a reciclaxe. Consta de catro niveis; un por cada residuo. O primeiro nivel ensina o procedemento da reciclaxe para plásticos e latas; o segundo para papel e cartón, o terceiro para residuos orgánicos e o último para os vidros, co que completa a finalidade pedagóxica do xogo.
|
Hits in this month: 2 - Added: 16th Feb 2006 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
Loga
|
Loga é unha aplicación informática baseada na linguaxe LOGO,pero cun vocabulario reducido e localizado ao galego, deseñada para incluirse en páxinas web.
Loga tamén é a tartaruga que interpreta as ordes do usuario/a.
Loga non é logo, senon unha adaptación á realidade actual da filosofía constructivista que inspirou a creación da linguaxe logo por Seymour Papert.
O autor de esta aplicación é Fran Macías.
|
Hits in this month: 1 - Added: 18th Oct 2007 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
|
loloKarolo
|
Ferramenta de escoita multilingüe baseada na creación de karaokes. Unha iniciativa do portal de contidos educativos da Xunta que inclúe un editor para que poidamos subir os nosos arquivos sonoros en mp3 e así poder traballar con eles.
|
Hits in this month: 1 - Added: 25th Feb 2009 - Added by: av
Comment on this program -
Recommend this program
|
341 programs, showing page 15 of 35
← 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 →
|