Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

HomeFreeware in your language → Galician language - Freeware Programs

Suggest a Program


Most Popular in Category Newest in Category
Hot Potatoes: Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá). Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como: Cuestionarios de ... Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
340 programs, showing page 13 of 34
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21

HighGrow
Galician HighGrow é, polo de agora, o único xeito que tes de plantar Marihuana legalmente. Ademáis disto, esta utilidade FreeWare é moi educativa, xa que ti controlas o fotoperiodo, rego, fertilización das plantas, poda... e isto inflúe no desenrolo das mesmas, deste xeito pódese aprender ó importante que é a carencia ou exceso destes elementos no ciclo vital da planta.
Para baixar o programa, recoméndovos visitar a páxina do autor, en inglés, onde obteredes información acerca do cultivo do cannabis e a utilización deste programa. E aquí tedes o parche para o galego , só tedes que substituir o arquivo .exe orixinal polo que baixedes dende aquí.
Comments - - Added on 12th Dec 2004 by av -
Hot Potatoes
Galician Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá).
Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como:

  • Cuestionarios de resposta múltiple (JBC)
  • Completar ocos (JCloze)
  • Exercicios de respostas abertas (JQuiz)
  • Encrucillados (JCross)
  • Exercicios de ordenar frases ou letras dunha palabra (JMix)
  • Exercicios de asociación ou emparellamento (JMatch).
Hot Potatoes é de balde para que os docentes poidan facer as súas páxinas educativas.

Ver o titorial de Hot Potatoes ao galego

Baixar o titorial comprimido (Zip)

Ver un exemplo de actividade sobre o magosto

Ver un exemplo de actividade sobre o Nadal
Comments - - Added on 21st Oct 2002 by av -
HtmlDocEdit
Galician Sinxelo editor HTML baseado no navegador Internet Explorer co que poderás editar fácilmente este tipo de documentos sen ter ningún coñecemento da linguaxe HTML. Permite cambiar a fonte/cor do texto seleccionado, agregar imaxes, agregar hipervínculos (ligazóns), crear listas numeradas ou non, etc.

screenshot ScreenShot

Comments - - Added on 15th Jun 2008 by av -
IconsExtract
Galician Potente utilidade extractora de iconos coa que poderás seleccionar un ficheiro ou directorio, analizalo e extraer tódolos iconos gardados no mesmo.
Pode extraer iconos de ficheiros EXE, DLL, OCX, CPL e algún outro formato máis e amosalos para que poidas ver as súas propiedades, copialos ao Portapapeis ou gardalos individualmente como ficheiros ICO.
Comments - - Added on 20th Dec 2004 by av -
IE PassView
Galician Sinxela utilidade que recupera todos os nomes de usuario e contrasinais (xunto coa correspondente URL asociada) da base de datos de contrasinais de Internet Explorer (os contrasinais que poden gardarse automáticamente en IE). Así, poderás recuperar o contrasinal perdido e/ou exportalo a un arquivo en formato .txt ou .html. O programa soporta o auto-completado, a autenticación HTTP e os contrasinais FTP almacenados.

screenshot ScreenShot

Comments - - Added on 22nd Jan 2007 by av -
IECookiesView
Galician Pequena utilidade que che amosa os detalles de tódalas cookies que Internet Explorer almacena no teu ordenador. Ademáis permíteche realizar outras accións como, por exemplo, editar o contido dunha cookie, seleccionar e eliminar as que non queiras, bloquear as cookies dun sitio web determinado, amosar as cookies de outros usuarios e de outros ordenadores, etc. E todo isto gracias a unha minúscula aplicación que só consta dun executable que non precisa ningún tipo de instalación.
Comments - - Added on 20th Nov 2004 by av -
IEHistoryView
Galician Esta utilidade le toda a información do arquivo historial do teu ordenador e amosa unha lista de tódalas URLs que visitaches nos últimos días. Tamén permite seleccionar un ou máis enderezos URL w borralos do arquivo historial ou gardalos nun arquivo de texto, HTML ou XML. Ademáis pode ver a lista das URL visitadas por outros perfís de usuarios do teu ordenador, e incluso acceder á lista de URL visitadas nun ordenar remoto, sempre e cando teñas permiso para acceder ao cartafol de historial.
Comments - - Added on 15th Aug 2004 by av -
IEtweak 2
Galician Utilidade coa que poderás modificar alguns elementos de configuración e personalizar o teu navegador Internet Explorer.
Gracias á súa sinxela e intuitiva interfaz poderás modificar sen ningún problema o fondo da barra de ferramentas, a animación que aparece na parte superior dereita, o título da barra do programa, o icono do navegador, o motor de búsqueda predeterminado, o cartafol para a descarga dos arquivos, etc.
Comments - - Added on 7th Aug 2004 by av -
IlohaMail
Galician Programa de "webmail" (correo eletrónico via web) multilíngüe lixeiro e á vez totalmente funcional e fácil de usar.

Funcionalidades do Administrador:
  • Doado de instalar
  • Lixeiro e rápido
  • Extensas capacidades multilíngues
  • Modular - Facilmente modificable para acomodar diferentes backends
  • Log de Atividade
  • Prevención de Spam (correo lixo)
  • Soporte a múltiples hosts/dominios


Funcionalidades do Cliente:
  • Soporte a POP3 e a IMAP
  • Envia, recibe, arquiva e borra mensaxes
  • Crea, renomea e borra cartafois
  • Envia/recibe adxuntos
  • Vé imaxes/html en liña
  • Usar cores definidas
  • Calendario
  • Lista de Contatos completamente funcional
  • Busca de mensaxes
  • Personalizable - Máis de 2 ducias de preferencias do usuario
  • Soporta máis de 20 linguaxes: entre elas o galego
Comments - - Added on 6th Jan 2004 by av -
Images WebScan
Galician Utilidade para baixar tódalas imaxes dun sitio web. Permite definir o nivel de profundidade, non escanear sobre outros sitios web ou non descargar imaxes pequenas.

screenshot ScreenShot

Comments - - Added on 15th Jan 2004 by av -

340 programs, showing page 13 of 34
11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21


ReCache this page
2012-02-08 10:17:19 PST

Admin Login | Home | Top of this page |