Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

HomeFreeware in your language → Galician language - Freeware Programs

Suggest a Program


Most Popular in Category Newest in Category
Hot Potatoes: Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá). Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como: Cuestionarios de ... Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
Array ( )
340 programs, showing page 12 of 34
10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20

GACView
Galician Esta utilidade é un substituto mellorado do visualizador de ensamblador .NET que trae o Explorador de Windows. Ademáis das columnas estándar amosa información adicional para cada ensamblador como, por exemplo, a data de modificado, o tamaño do arquivo, a versión de arquivo, a ruta completa ao arquivo ensamblador, etc. Tamén serve para eliminar un ensamblador que non pode ser desinstalado do xeito habitual. Aínda que esta utilidade está deseñada para operar co contorno .NET, a utilidade en sí mesma non está escrita en .NET, polo cal pode funcionar en tódalas versións de Windows incluso se .NET Framework non está instalado.
Comments - - Added on 12th Jun 2005 by av -
Gag
Galician GAG é un xestor de arranque, esto é, un programa que se carga no momento de arranca-lo ordenador e que permite elixir que sistema operativo, de entre os que estean instalados no disco duro, se quere cargar.

As suas caracteristicas mais importantes son:

- Permite arrancar ata 9 sistemas operativos diferentes.
- Pode arrancar sistemas operativos instalados tanto en particions primarias coma extendidas, en calquera dos discos duros instalados no ordenador.
- Pode ser instalado dende case calquera sistema operativo.
- Non necesita unha particion propia, senon que se instala na primeira pista do disco duro, a cal se atopa, por deseño, reservada para este tipo de funcions. Tamen pode ser instalado nun disquete, sen tocar para nada o disco duro.
- Inclue un temporizador que permite arrancar un sistema operativo por defecto.
- A configuracion do programa pode ser protexida con chave.
- Todo o programa funciona en modo grafico (necesita unha VGA ou superior para funcionar), e inclue multitude de iconas para cada tipo de sistema operativo dispoñible en PC.
- Oculta particions primarias de modo que se poden ter varios DOS e/ou Windows nun mesmo disco duro.
- Permite poñer chaves independentes a cada sistema operativo, para restrinxi-lo acceso a cada un.
- Facil de traducir a calquera lingua.
- Pode intercambiar discos duros, permitindo arrancar dende o segundo disco duro sistemas operativos coma MS-DOS.
- Inclue o sistema SafeBoot, que permite seguir arrancando o disco duro incluso en caso de que o GAG sexa sobreescrito por accidente.
- Soporta varios tipos de teclados internacionais (QWERTY, AZERTY e QWERTZ).
- Soporta discos duros de ata 4 terabytes (4096 gigabytes).
- Totalmente gratuito (distribuese baixo licencia GPL con fontes incluidas).

Comments - - Added on 29th Aug 2003 by av -
Galinux-Slax
Galician Distribución Linux en galego e para o ensino. Está baseada noutra distribución chamada Slax e que á súa vez se basea en Slackware Linux. As súas características máis subliñables son:
  • Optimizado para ser empregado como Live-CD, é dicir, apagando o PC todo queda como estaba e non se gardarán por defecto cambios na configuración nin nos documentos.
  • Dous xeitos de empregalo: como Live-CD auténtico (non necesita nin disco duro) ou instalándoo coma un programa máis en Windows XP.
  • Aparencia e organización visual moi próximas a Windows XP e uso do idioma galego en todas as aplicacións posibles.
  • Lixeiro: a pesar de iniciarse coa mesma ou más rapidez que outros sistemas operativos que necesitan instalación, xestiona ben o hardware de moitos tipos de PC sen drivers adicionais.
  • Pódese iniciar desde o CD ou doutros moitos xeitos: desde discos duros (o instalador para Windows XP só fai unha pseudo-instalación), dispositivos USB, desde MS-DOS ou outros sistemas operativos (usuarios avanzados).
  • Xa que foi deseñado para ser empregado en centros educativos, é moi doado e seguro: non modifica por defecto ningún arquivo ou sistema operativo preinstalado; ademais, na versión instalable ofrece unha opción de inicio que só permite a navegación web e nada máis.
  • Contén moitas aplicacións: navegadores, suites ofimáticas, multimedia, para o ensino e moitas máis. Poderás traballar cos teus documentos de sempre porque moitas delas son compatibles con Microsoft Office, arquivos multimedia de Windows, etc.
  • Configurable: pode escoller os programas e ferramentas por defecto no momento da instalación en Windows XP ou empregalos “en vivo” con só facer clic nun arquivo. Tamén é doado facer que os cambios na configuración e nos documentos sexan permanentes.
NOTA: A distribución é "modular", é dicir, o usario decide en cada inicio os complementos que quere empregar. E os módulos son compatibles con outras distribucións baseadas en Slax; por iso están a disposición de tódolos usuarios aquí .

screenshot ScreenShot

Star Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff

Comments - - Added on 28th Oct 2006 by av -
GGSearch
Galician Este software é uha ferramenta moi útil, para persoas que perden inmenso tempo á busca de imaxes, ligazóns, linux, novidades, microsoft, respostas e a bolsa no google©.
Busca en todas ou en 27 linguas diferentes e ve-lo resultado nunha das 66 linguas existentes. Utiliza un dos 20 criterios de busca para atopar o que precisas. Configúrao á medida das túas necesidades.
Utilízao para traducir unha páxina da internet ou experimenta outras opcións do Google. Utiliza o teu navegador de windows para presentar os resultados da busca, facilmente configurable.
Comments - - Added on 11th Dec 2003 by av -
Glest
Galician Videoxogo de calidade con sensacionais gráficos en 3D e con moi poucos recursos feito por un grupo de mozos galegos.
"Glest", entre moitas outras novidades neste tipo de xogos, permite que o propio xogador personalice toda unha serie de factores do xogo. Definir novos movementos de cámara, crear novos tipos de exércitos e de personaxes, definir contornos e mapas de xogo diferentes dos orixinais e mesmo traballar na mellora dos gráficos ou do aspecto que teñen a chuvia, a neve ou os feitizos son só algunhas das posibilidades que achega o xogo.
Comments - - Added on 16th Feb 2006 by av -
Globus 2
Galician Globus 2 está pensado para persoas con discapacidades auditivas para que vexan que emitiron sons. Se o micrófono detecta sons o programa responde de moitas maneiras diferentes segundo a opción do menú que teñamos escollido. Formas, cores, xogos.

Adxúntase un breve manual en Word 97.
Comments - - Added on 30th Mar 2003 by av -
GSpot
Galician Con esta pequena aplicación poderás ver e opcionalmente editar ou crear etiquetas de INFO RIFF para os teus arquivos AVI, recoñecer VBR, determinar que codec de video usa un arquivo AVI, determinar o método de codificación audio dun arquivo, que codecs tés instalados gracias a unha base de datos de uns 200 codecs, incluíndo o último DivX 5 e sistemas XVID. Tambén amosa o bitrate audio e calcula o bitrate do video, informa se un arquivo está truncado, e cantos bytes lle faltan. Identifica MPG, MPEG, MOV, WMA, WMV, ou ASF se é examinado un arquivo AVI descoñecido e tamén amosa a INFO RIFF (título, etc) se está presente, incluíndo ASCII oculto no campo JUNK.

Link directo ao executable de GSpot ao galego
Comments - - Added on 3rd Aug 2003 by av -
GZip Compressor
Galician Sinxelo compresor de arquivos en formato zip.

Link directo ao executable de GZip ao galego
Comments - - Added on 3rd Aug 2003 by av -
H-Menu
Galician H-menú é un lanzador totalmente configurable que permanece invisible ata que se activa co rato. Terás todo o que necesitas dicindo adeus ó botón de Inicio e a un escritorio desordenado. Toolbars animados aparecen en contacto co borde da pantalla, ata dous por lado. O número de Botóns para a Barra e o seu tamaño pode configurarse, e vostede pode utilizar tamén o seu propio mapa de bits para fondo . Podes crear moitos xogos de Buttonbars e navegar sobre os distintos eslabóns de cada un dos grupos. Proba o H-menú e sorprenderaste da mellora que che supón no uso de Windows.
Comments - - Added on 2nd Dec 2002 by av -
Hidden Menu
Galician Hidden Menu é a resposta perfecta á necesidade de comenzar os programas rapidamente. Cando Hidden Menu non está en uso é invisible, aforrando espacio na barra de escritorio. Cando movas o rato no fondo dereito da pantalla, permitirache lanzar os programas, arquivos e atallos. (A nova versión permite comenzar os programas creando teclas de acceso rápido). O Hidden Menu é moi fácil de usar e a cantidade de recursos de sistema que utiliza é mínima. De seguro estarás de acordo en que é a maneira máis doada de comenzar os programas.
Comments - - Added on 19th Oct 2002 by av -

340 programs, showing page 12 of 34
10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20

Admin Login | Home | Top of this page |