Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

HomeFreeware in your language → Galician language - Freeware Programs

Suggest a Program


Most Popular in Category Newest in Category
Hot Potatoes: Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá). Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como: Cuestionarios de ... Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
340 programs, showing page 11 of 34
9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19

FlipFlop
Galician Un xogo similar ao Reversi con características adicionais: Poden xogar simultáneamente ata 4 persoas e un estudio das características permítenvos manexar distintas calidades.

Aquí tés o link directo ao plugin que traduce FlipFlop ao galego
Comments - - Added on 19th Oct 2002 by av -
Folder CD DVD Burn
Galician Esta aplicación é un programa autónomo de gravación que se integra no menú contextual de Windows. Proporciona unha gravación de datos moi rápida e está probado con gravadoras de CD/DVD do tipo SCSI, IDE, EIDE, USB e Firewire. Permite a creación de ISO e discos multisesión. Soporta os seguintes formatos: CD-R, CD-RW, DVD+R/W, DVD+R, DVD-R, DVD-R/W e DVD-RAM. Ademáis importa calquera das sesións previas dispoñibles, crea DVD/CD iniciables, grava ''ao vó'', soporta nomes de arquivo longo (Joliet) e evita fallos de gravación e erros de creación de CD (tecnoloxías BURN-Proof, Just Link e OPC).
Comments - - Added on 5th Oct 2005 by av -
Fondos de escritorio
Galician Páxina con tres fondos de escritorio para que os poidas descargar de balde. Contén: Unha fermosa vista da Praia das Catedrais, unha vista das Illas Cíes e unha imaxe con dous cisnes.
Comments - - Added on 26th Oct 2002 by av -
Fontes "Castelao"
Galician Dúas fontes interesantes para calquera tipo de traballo ou presentación na nosa lingua. A tipografía "Castelao" está baseada na particular e persoal letra deste insigne escritor rianxeiro; e a tipografía "Gallaecia" baseada nas vellísimas inscricións en pedra que se atopan pola Galiza.
Comments - - Added on 26th Oct 2002 by av -
Format Factory
Galician Completo programa gratuito que permite a conversión de todo tipo de formatos:
  • Video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV);
  • Imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO),
  • Audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV)
    ...ademáis de moitas outras posibilidades.

Permite tamén ripear películas que se atopen en DVD, reparar arquivos de vídeo e audio que se atopen danados, ou reducir o tamaño dos arquivos multimedia. Este programa atópase traducido a 40 linguas entre elas o castelán e o galego.

screenshot ScreenShot

Star Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff

Comments - - Added on 8th Dec 2008 by av -
Fórmula 20
Galician F20 é un xogo de preguntas e respostas realizado en flash o que permite engadilo a unha páxina web e utilizalo desde internet.
O uso da aplicación resulta doado xa que é moi intuitiva.
O material que aquí se presenta non é unha colección de preguntas e respostas, senon un recurso para o manexo das preguntas e respostas, é dicir unha ferramenta totalmente configurable. Os dous grupos de preguntas que acompañan a este traballo só aparecen a título de exemplo. Comenzamos premendo no botón comezar , o programa “lee” o arquivo de preguntas, que pode ter calquera nome, pero en modo executable (“f20.exe”) ten que chamarse preguntas f20. Na seguinte pantalla podemos escribir o nome dos pilotos e seleccionar un circuito (grupo de preguntas). Cando prememos no circuito, automáticamente accedemos á pantalla principal do xogo.

Os elementos visuais que aparecen son:
  • Marcador: para mostrar os erros e acertos dos participantes.
  • Tarxeta de preguntas: aparece cunha animación. Consta de unha pregunta e ata catro posibles respostas. O usuario/a debe premer na resposta que considere correcta. Dependendo da configuración do xogo, pode iluminarse ou nom a frase verdadeira.
  • Indicador de tempo: descende segundo se vai consumindo o tempo.
  • Mensaxes: indicacións sobre a avaliación das respostas.
Desenvolvemento do xogo: Cada vez que premamos no botón “preguntas” aparecerá unha tarxeta. A cor da banda superior da tarxeta determina quen debe contestar. No momento que un/unha piloto erra, o turno pasa o seu / a súa compañeira, que o manterá ata que falle.
Cando un dos coches chega á meta ou rematan as preguntas finaliza o xogo.
O número de preguntas necesarias para finalizar unha carreira é imposible de preveer, e depende únicamente dos coñecementos dos e das participantes.

Como complemento a F20 temos edf20, un editor de preguntas sinxelo que permite crear arquivos de configuración en XML rápidamente.
Cando iniciamos a aplicación podemos abrir un arquivo de preguntas ou crear u novo. Neste caso só debemos crear un grupo e engadir as preguntas e respostas que desexemos.
Coa barra da parte inferior podemos: crear nova pregunta, borrar a actual , avanzar ou retroceder.
A lista de grupos permite escoller un grupo e os botóns de novo grupo e editor de grupos inician á pantalla de edición de grupos. Nesta pantalla temos a posibilidade de escoller o comportamento dos grupos, ademáis do nome. Decidir se as preguntas mostraránse na mesma orde, se indicarase a resposta correcta ( lóxicamente despois de contestar), e o tempo que ten o/a xogador para premer co rato na resposta que considera correcta.
Finalmente podemos ordear a lista de preguntas ou gardala para que esté dispoñible para f20.
O autor de esta aplicación e o mestre e informático: Fran Macías.

screenshot ScreenShot

Star Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff

Comments - - Added on 13th Feb 2006 by av -
Fósiles
Galician Completa enciclopedia dos Fósiles En Liña e en galego.
Comments - - Added on 16th Mar 2003 by av -
FrameFun
Galician Esta aplicación permiteche engadir atractivos efectos de marcos con sombras e fondo coloreado opcional ás túas imaxes e fotografias en formato BMP, JPEG ou PNG. Tamén pode engadir un efecto de viñeta plana ou ovalada e opcionalmente pode procesar directorios enteiros de imaxes coa mesma configuración. Ademáis podes gardar as configuracións creadas por se no futuro queres volver a usalas.
Aquí podes descargar o programa en galego
Comments - - Added on 31st Aug 2004 by av -
freeCommander
Galician Este programa é unha atractiva alternativa ao administrador de arquivos que levan os sistemas operativos de Windows. Nel poderás atopar tódalas funcións básicas precisas para manexar os teus arquivos, ademáis de outras moitas funcións adicionais. Pode ser usado para comparar directorios, amosar os tamaños dos cartafois, sincronizar directorios, establecer filtros, crear listas de cartafois (para imprimir), cambiar atributos e datas de arquivos, facer capturas do Escritorio, visualizar imaxes, abrir e crear arquivos .zip e .cab, abrir arquivos .rar, etc. Ademáis, se copias o directorio de instalación nun Cd, un Pen-Drive USB ou incluso nun disquette, poderás traballar con este programa en calquera outro ordenador.
Comments - - Added on 30th Oct 2004 by av -
Funcións para Windows
Galician Funcións para Windows é un programa desenvolvido por Jordi Lagares que permite presentar graficamente funcións dunha variable e regresións lineais. É un programa que tes que descargar e instalar no teu ordenador para poderes traballar con el.
Comments - - Added on 15th Jul 2002 by pb -

340 programs, showing page 11 of 34
9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19


ReCache this page
2012-02-10 01:26:57 PST

Admin Login | Home | Top of this page |