| Most Popular in Category |
Newest in Category |
|
Hot Potatoes: Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá). Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como: Cuestionarios de ...
|
Router Pass View foi deseñado para extraer a información de acceso que se atopa nas copias de seguridade de configuración do router. O programa de software portátil admite un número limitado de ...
|
340 programs, showing page 10 of 34
← 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 →
|
ESGL
|
O programa ESGL, que lle ofrece a Secretaría Xeral de Política Lingüística, leva a cabo a tradución automática do castelán ao galego. A tecnoloxía na que se basea esta potente ferramenta é o resultado de anos de investigación e desenvolvemento de técnicas de lingüística computacional realizados en colaboración co Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Aquí podes descargar o programa de instalación para Windows
|
|
Comments -
- Added on 17th Jan 2007 by av -
|
|
Etnonet - Descubre Galicia
|
Aplicación educativa en contorno web para achegar aos alumnos do 3º ciclo de Primaria ou da ESO á realidade paisaxística e cultural de Galicia.
Hai dous niveis de dificultade:
- Nivel básico: para alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Só se pregunta en que provincia é cada fotografía.
- Nivel avanzado: pregúntase pola localidade galega en cuestión. En cada resposta correcta proporciónase unha información adicional.
Esta utilidade foi realizada coa aplicación Hot Potatoes por Xosé Antón Vicente Rodríguez.
|
|
Comments -
- Added on 17th Mar 2005 by av -
|
|
Etnonet 2.0
|
Etnonet 2.0 - Enciclopedia Interactiva da Cultura Galega: é un programa en contorno web mediante páxinas htm e html que ten como obxectivo fundamental que os nosos alumnos e alumnas descubran a gran diversidade cultural da Comunidade Autónoma na que viven: Galicia. A aplicación consta de 120 propostas sobre a cultura de Galicia: Os símbolos identificativos de Galicia, as institucións, a gastronomía, flora e fauna, historia, literatura, música, novas iniciativas e tendencias,...
|
|
Comments -
- Added on 12th Dec 2006 by av -
|
|
EuroCheck
|
EuroCheck comproba se as túas fontes, impresora, teclado e Sistema Operativo soportan o símbolo do Euro. EuroCheck desenvolveuse en colaboración coa "Oficina Federal de Seguridade na Información Técnica" de Alemaña.
Aínda que na páxina web non aparece ningunha referencia á lingua galega, esta opción si está incluida no programa.
|
|
Comments -
- Added on 6th Feb 2003 by av -
|
|
Falsos amigos
|
Xogo en Liña incluido do Diccionario electrónico e-Estraviz que consta de dez niveis con cinco preguntas cada un.
Dada a proximidade formal do galego-portugués e do español , son frecuentes os casos de palabras similares ou moi parecidas, pero con significados diferentes -ás veces moi diferentes-. A situación da nosa lingua na Galiza cun avanzado proceso de deturpación fai que moitos significados pasen por propios cando en realidade son unha interferencia da "lingua común". Así, como moitos afirman, unha palabra castelán pode pasar por galega con mínimas modificacións (que ás veces nin fan falla).
O xogo consiste en dez niveis con cinco preguntas cada un (en total 50 preguntas), aínda que o proxecto pretende seguir medrando ate sobrepasar as 500. Agardan así poder atinxir a maioría e máis frecuentes falsos amigos que empobrecen a nosa lingua na Galiza.
|
|
Comments -
- Added on 4th Jan 2005 by av -
|
|
FastRes
|
Esta utilidade permíteche cambiar rápida e fácilmente a resolución e profundidade de cor do teu monitor dende a bandexa de sistema. Moi útil para deseñadores de webs que queiran ver como se visualizan os seus deseños en diferentes resolucións de pantalla.
Moi interesante tamén para o ensino onde temos que cambiar continuamente a resolución de pantallas na aula de informática para os distintos programas educativos.
Aquí podes descargar o parche en galego de esta utilidade
|
|
Comments -
- Added on 24th Nov 2003 by av -
|
|
FastResolver
|
Con esta pequena utilidade só terás que escribir unha lista de direccións IP para coñecer o seu correspondente nome de host ou ao revés, é dicir, podes escribir os nomes de host e obter as correspondentes direccións IP. Tamén pódese especificar un rango de direccións IP que se queiran escanear. FastResolver é unha aplicación multi-tarea, grazas ao cal pódense resolver ducias de direccións IP nuns poucos segundos.
|
|
Comments -
- Added on 12th Oct 2005 by av -
|
|
FavoritesView
|
Esta utilidade amosache unha lista dos teus Favoritos de Internet Explorer ou Marcadores de Netscape/Mozilla nunha páxina individual. Cada líña da lista especifica o título dun elemento, o enderezo URL, a data de creado/modificado do elemento marcador e o nome do cartafol. Podes seleccionar un ou máis de estos marcadores e copialos ao portapapeis, borralos (só para os Favoritos de Internet Explorer), exportalos a un ficheiro HTML, XML ou nun arquivo de texto delimitado por tabulación. Tamén permite localizar direccions URL duplicadas nos teus Favoritos/Marcadores ou buscar un elemento específico mediante a URL ou o título. A traduccion ao galego foi realizada por Xose Anton Vicente.
Ligazón directa ao programa en galego
|
|
Comments -
- Added on 7th Jul 2004 by av -
|
|
FileTypesMan
|
FileTypesMan é unha alternativa á pestana 'Tipos de arquivos' nas 'Opcións de carpeta' de Windows. Amosa a lista de todas as extensións de arquivo e tipos rexistrados no teu ordenador. Para cada tipo de arquivo amósase a seguinte información: Nome do tipo, descrición, tipo MIME, bandeiras, bandeiras do navegador, e máis.
FileTypesMan permitirache tamén editar de forma sinxela as propiedades e bandeiras de cada tipo de arquivo, tamén che permitirá engadir, editar e eliminar acción dun tipo de arquivo.
SO: Windows 98/ME/NT/2000/XP/2003/Vista.
ScreenShot
|
|
Comments -
- Added on 26th Jun 2008 by av -
|
|
Flash Movie Player
|
As animacións Flash (SWF) están cada día de máis actualidade xa que podes disfrutar de presentacións multimedias, vídeos, páxinas webs, etc nun so arquivo .swf.
Sen embargo, este tipo de aplicacións precisan dun programa para visualizalas. A forma máis sinxela é dende o navegador web pero en ocasións estos programas poden amosar incompatibilidade coas animacións Flash.
Flash Movie Player é un reproductor avanzado para arquivos SWF baseado no plugin de Macromedia Flash Viewer. O programa inclúe novedosas funcións como a integración co caché do navegador web, soporte para proxeccións de arquivos executables en formato .exe, modo de pantalla completa, listas de reproducción...
Se cres que vas a usar o programa frecuentemente, poderás usar os atallos de teclado predeterminados para non perder tempo buscando as opcións na interfaz do programa.
Tamén pode extraer películas dende arquivos en formato executable e gardalas en formato SWF. Inclúe teclas de acceso rápido para as operacións máis frecuentes.
Ademáis o programa consume poucos recursos, é totalmente gratuito e libre de spywares.
ScreenShot
Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff
|
|
Comments -
- Added on 4th Mar 2006 by av -
|
340 programs, showing page 10 of 34
← 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 →
ReCache this page 2012-02-08 17:34:25 PST |