RipPack é unha completa ferramenta deseñada especialmente para pasar películas en DVD a CD, utilizando o cada vez máis extendido formato MPEG4 (coñecido tamén como DivX).
Este programa incorpora unha sinxela interfaz que che da acceso ás súas diferentes funcións. Un asistente guiarache paso a paso ao longo do proceso de conversión de DVD a DivX.
RipPack permitirache ripear o DVD ao teu disco duro para logo codificalo a formato MPEG4, e poder finalmente gravalo nun CD. A película resultante pódese visualizar en calquera PC cun lector de CD-ROM estándar e un reproductor multimedia calquera, con soporte para formato AVI.
Este programa está adaptado para o seu uso co códec DivX 4.0 final. Recomendámosche que para convertir DVDs a DivX precisas bastante espacio de disco duro.
Se estás aínda pouco experimentado na conversión de DVD a DivX, nesta páxina podes atopar algúns artigos e axudas sobre este proceso.
Nota:
Para poñer o programa en galego debes baixalo antes da páxina do autor e de seguido descargar este arquivo .ini e copialo no directorio do programa substituíndoo por outro do mesmo nome: "Rippack_lang.ini" . (A traducción ao galego correu a cargo de Martín Pérez).
|