É un programa pensado para ser utilizado como comunicador (de varias maneiras distintas) e editor de plafóns de comunicación. Pensado para persoas con discapacidade motórica que non poden comunicarse mediante a voz e teñen un control moi limitado da súa motricidade.
- Para editar unha ficha, clic co botón dereito.
- Para gravar un son, botón con punto vermello. Permite uns 40 segundos de gravación. Opción moi útil se non se dispón do sintetizador UPCTV.
- Para incorporar un debuxo BMP pode pegalo do portapapeis, arrastralo e soltalo do administrador de arquivos ou buscalo do disco mediante a opción "Abrir arquivo".
|