Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → PHPfileNavigator


PHPfileNavigator
Galician PHPfileNavigator é unha aplicación de código aberto e libre que permite a administración de arquivos e directorios de forma remota.
A súa principal característica é a administración de arquivos e directorios dende un navegador web, permitíndoche realizar unha gran variedade de accións así como obter gran cantidade de información dos contidos almacenados.
Esta aplicación web comezou a ser desenrolada en setembro do 2004 pero está en continua actualización.

Características do PHPfileNavigator :
  • Xestión completa de arquivos e directorios.
  • Permite accións como copiar, mover, subir arquivos, borrar,
  • Permite as accións de copiar, mover, borrar, descargar e comprimir tanto para arquivos únicos como para moitos o mesmo tempo.
  • Para as imaxes subidas crea unha copia en miniatura para a súa previsualización.
  • Permite asignarlle campos a cada arquivo e carpeta como un título e unha descrición.
  • Ten unha completa xestión de usuarios e raíces dispoñibeis relacionados con grupos e configuracións.
  • Permite unha vista rápida de todo o contido de unha carpeta en forma de árbore
  • Crea informes de accesos, intentos errados, erros de mySQL, accións feitas con cada arquivo ou carpeta
  • Permite extraer arquivos tar/gz no servidor
  • Permite descargar arquivos ou carpetas comprimidos con zip
  • Permite limitar o uso de disco para unha raíz e o máximo ancho de banda dispoñible por un usuario o mes
  • Fai busquedas complexas de arquivos
  • Permite crear arquivos novos, subir arquivos, importar direccións, crear carpetas.
  • Permite crear previsualizacións de imaxes personalizadas.
  • Permite enviar arquivos por email.
  • Ten control sobre todas as descargas feitas dende o programa.
  • Ten un control das sesións por base de datos cos datos encriptados con clave única
  • Permite xenerar un contrasinal novo por se olvidaches o teu
  • Totalmente en XHTML 1.1 e CSS
  • Intento que sexa o máis accesibel según as normas WCAG 1.0

    Star Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff

Comments - Category: Galician language - Added on 30th Jul 2006 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |