PHP-Nuke é un sistema de creación de portais, o ideal para que teñas o teu propio portal en moi poucos pasos e sen necesidade de saber programación. O administrador (tí) instala phpnuke no servidor e manexa o portal dende o seu navegador en calquera PC conectado a internet, ten control total do sitio podendo subir/editar/borrar novas, crear directorios ó estilo Yahoo!, crear documentos para a lectura, etc. Á vez poderás agregarlle diferentes módulos moi útiles segundo as túas necesidades e visualizalo ó teu gusto utilizando diferentes temas. Para coñecelo mellor podes percorrer a páxina en español PHPNuke-espanol.org e ver tódalas súas posibilidades, como usuario rexistrado coñecerás algunhas das funcións que ofrece ós visitantes que se rexistran e visitan o teu sitio habitualmente (eles tamén poden personalizar o sitio a gusto).
|