Esta ferramenta diríxise fundamentalmente ó alumnado e a docentes do último curso da Educación Secundaria, como un complemento das clases e das experiencias respecto á Física Ondulatoria, coa que se pretende, de forma cualitativa:
- Comprende-los aspectos básicos da interferencia mediante a superposición de pulsos.
- Analizar algúns dos parámetros que interveñen no movemento ondulatorio.
- Modelizar dous fenómenos tipicamente ondulatorios: a interferencia e a difracción.
- Dar unha visión única da interferencia e da difracción, independentemente da natureza do movemento ondulatorio.
- Completa-la información da interferencia e difracción das experiencias coa cubeta de ondas e o láser a través de gráficos da perturbación total e do cadrado da amplitude.
- Comprende-lo concepto de Paquete de ondas e a súa importancia na formulación da mecánica cuántica.
Modelizacións contempladas:
As modelizacións que se propoñen nos distintos módulos están limitadas á análise do movemento ondulatorio nunha e dúas dimensións. A partir de la pantalla inicial se accede a los módulos que contempla:
- Pulsos nunha dimensión
- Ondas nunha dimensión
- Ondas en dúas dimensións
- Difracción de Fresnel por fendas
- Difracción de Fraunhofer por fendas
- Paquete de ondas nunha dimensión
Desde un punto de vista físico, hai que ter en conta que o obxectivo do programa é o de facilita-la manipulación dos fenómenos ondulatorios mencionados, en ocasións a expensas da precisión. É dicir, trátase dunha ferramenta didáctica e non dun simulador.
|