Argumento do xogo: "Compostela 2005. Sete pezas básicas de Santiago desaparecen misteriosamente. Como consecuencia a cidade perde peso e queda suspendida no aire. E tí debes resolver o misterio. Para iso serás Ana Branco, que buscará pola cidade as pesquisas para devolver a Santiago á normalidade".
Cómo xogar: Executado o programa comeza a presentación do xogo, para saltala preme ENTER. Unha vez finalizada a presentación comeza o xogo!, agora só tes que axudar a Ana a investigar as causas polas que Santiago está no aire. O mecanismo do xogo é moi sinxelo. Preme no lugar da pantalla onde queres que acuda Ana. Se queres apañar algún obxecto ou falar cun personaxe preme sobre el co rato. Para dar ou usar un obxecto da mochila preme co rato, arrastra onde queiras e solta. Na parte inferior da pantalla contas co "panel de control".
(A instalación está traducida ó galego polo Proxecto Xis de Galego21.Org)
|