Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → Navegador Xis


Navegador Xis
Galician O Xis é unha versión "localizada" ao galego do Netscape® Communicator polo Proxecto Xis. Por localización enténdese basicamente tradución. Agora ben, nun produto localizado modifícanse ademais algunhas características no ánimo de amosalo, facelo máis útil para unha determinada comunidade, neste caso a comunidade galegofalante. Unha mostra destas modificacións é precisamente que no menú Axuda, o apartado Información e soporte do produto apunte xustamente a esta páxina, e non a unha páxina da Netscape. Outra modificación importante é a páxina de marcadores distribuída co produto, que inclúe ligazóns a páxinas que consideramos de interese para @s galeg@s. Cómpre aclarar que isto non é algo específico da nosa versión, senón que está dentro dun amplo proxecto de desenvolvemento e localizacións da propia Netscape.

O proxecto Xis agrupa por medio da rede, no máis puro estilo internauta, un fato de galeg@s preocupad@s polo futuro da súa lingua. Conscientes do impacto a cada paso maior da informática sobre a vida das persoas, e da influencia da lingua de comunicación cos computadores sobre a vida lingüística das persoas, estamos convencidos da necesidade de termos ferramentas informáticas en galego para garantir o futuro da nosa lingua. O proxecto Xis xorde aproveitando a iniciativa da Netscape de permitir a localización do Comunicator1 e fixa como meta ofercerlle á comunidade galega aplicacións de rede en galego adaptadas ás nosas necesidades.
Comments - Category: Galician language - Added on 9th Jul 2002 by pb -

Admin Login | Home | Top of this page |