Aplicativo para ver a televisión a través de Internet.
Permite descargar automaticamente vídeos dende canles baseados en RSS, administralos e reproducilos. Ademais esta deseñado para integrarse con outros produtos da Participatory Culture Foundation como Video Bomb, un sitio web de etiquetado social de vídeos, e o Channel Channel, unha guía de televisión para a televisión por Internet.
Mentres non está dispoñíbel de maneira oficial a súa descarga en galego, os pasos a seguir para poder gozar deste aplicativo na nosa lingua pódense atopar na páxina da Ciberirmandade da Fala.
ScreenShot
|