Dende aquí podes descargar calquera das traduccións dispoñibles ata o de agora para o MSN Messenger (para as plataformas Windows 95/98, NT/2000 ou XP).
Tamén inclúe un programa para elimina-los anuncios no Messenger.
Instruccións:
- En primeiro lugar, debes descarga-lo programa de instalación en castelán dende a propia páxina de MSN Messenger e executalo (se aínda non o tes instalado no teu ordenador).
- Unha vez instalado o Messenger, comproba e anota a versión que tes (para iso, olla no menú Ayuda > Acerca de MSN Messenger) e asegúrate de pechar ben o Messenger, antes de seguires adiante (de xeito que non se vexa a icona na barra de tarefas).
- Finalmente, descarga e executa a traducción que necesites desta páxina (de acordo co número de versión do teu Messenger que xa anotaches).
|