Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → LeechFTP


LeechFTP
Galician LeechFTP é un cliente FTP de distribución libre para Windows. Ademais de poder descargar arquivos usando o protocolo FTP, pode facelo co protocolo HTTP.

O elemento máis importante do LeechFTP é a Cola de Traballos: Cando vostede decida descargar ou cargar o arquivo, os arquivos non se transfiren de xeito inmediato. En cambio, toda a información sobre a descarga gárdase na Cola de Traballos. Todas as actividades como descargar, cargar ou explorar directorios son considerados traballos e procésanse un detrás doutro. O procesamento é levado a cabo por fíos de procesamento independentes, de xeito que vostede poida continuar navegando polos cartafoles ou conectarse a outros servidores. Cada fío de execución conéctase ao seu correspondente servidor e comeza a procesar os ítems na cola. O máximo número de fíos de execución está limitado na actualidade a 16. O uso de fíos de execución optimiza o uso do procesador, de xeito que vostede poida executar varias transferencias simultáneas.
Comments - Category: Galician language - Added on 11th Nov 2002 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |