O sistema Lim é unha contorna para a creación de materiais educativos, cada arquivo denomínase libro, e cada actividade páxina. As páxinas poden ser interactivas (sopas de letras, quebracabezas, preguntas , etc ) ou descritivas (amosan información).
As vantaxes técnicas son as ligadas a internet:
- Os arquivos están na web, non se instala nada no ordenador.
- Accesibilidade inmediata.
- Independente do sistema operativo, hardware e navegador web.
- Tecnoloxía Macromedia Flash, de contrastada seguridade e fiabilidade.
- Contorna aberta. Utilización de arquivos XML.
Desde o punto de vista educativo podemos destacar:
- Contorna agradábel.
- Facilidade de uso para os alumnos e alumnas.
- Actividades atractivas.
- Posibilidade de control de progresos.
- Avaliación de exercicios.
- Recurso fácil para o docente. Non hai que preparar os ordenadores.
- Posibilidade de utilización en ordenadores, pda e Encerados Dixitais Interactivas.
- Resposta inmediata correcto/incorrecto.
- Creación de actividades de forma sinxela.
Para o correcto funcionamento dos libros son precisos tres arquivos: unha páxina web , o player (lim.swf) e o arquivo de configuración ( extensión .lim). Ademais os recursos necesarios deben almacenarse nun directorio accesible para o player.
Por suposto debemos ter instalado o plug-in de flash, actualmente a versión 8.
Para facilitar o traballo de creación de páxinas existe a ferramenta EdiLim, pero podemos utilizar calquera procesador de textos.
O autor desta ferramenta é o mestre e informático: Fran Macías.
ScreenShot
Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff
|