O Install Maker é unha ferramenta que permite crear instalacións para aplicacións. Algo totalmente imprescindíbel para calquera programador ou compañía de creación e/ou distribución de software. O que temos aquí non é a tradución do programa, senón a adaptación do programa para que xere instalacións en galego. Á hora de crear unha instalación imos poder selecionar o idioma, e polo tanto poderemos escoller o noso idioma. Para máis información, ou para baixar a última versión, vai ás suas páxinas en http://www.clickteam.com/
|