Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → Gag


Gag
Galician GAG é un xestor de arranque, esto é, un programa que se carga no momento de arranca-lo ordenador e que permite elixir que sistema operativo, de entre os que estean instalados no disco duro, se quere cargar.

As suas caracteristicas mais importantes son:

- Permite arrancar ata 9 sistemas operativos diferentes.
- Pode arrancar sistemas operativos instalados tanto en particions primarias coma extendidas, en calquera dos discos duros instalados no ordenador.
- Pode ser instalado dende case calquera sistema operativo.
- Non necesita unha particion propia, senon que se instala na primeira pista do disco duro, a cal se atopa, por deseņo, reservada para este tipo de funcions. Tamen pode ser instalado nun disquete, sen tocar para nada o disco duro.
- Inclue un temporizador que permite arrancar un sistema operativo por defecto.
- A configuracion do programa pode ser protexida con chave.
- Todo o programa funciona en modo grafico (necesita unha VGA ou superior para funcionar), e inclue multitude de iconas para cada tipo de sistema operativo dispoņible en PC.
- Oculta particions primarias de modo que se poden ter varios DOS e/ou Windows nun mesmo disco duro.
- Permite poņer chaves independentes a cada sistema operativo, para restrinxi-lo acceso a cada un.
- Facil de traducir a calquera lingua.
- Pode intercambiar discos duros, permitindo arrancar dende o segundo disco duro sistemas operativos coma MS-DOS.
- Inclue o sistema SafeBoot, que permite seguir arrancando o disco duro incluso en caso de que o GAG sexa sobreescrito por accidente.
- Soporta varios tipos de teclados internacionais (QWERTY, AZERTY e QWERTZ).
- Soporta discos duros de ata 4 terabytes (4096 gigabytes).
- Totalmente gratuito (distribuese baixo licencia GPL con fontes incluidas).

Comments - Category: Galician language - Added on 29th Aug 2003 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |