Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → Fórmula 20


Fórmula 20
Galician F20 é un xogo de preguntas e respostas realizado en flash o que permite engadilo a unha páxina web e utilizalo desde internet.
O uso da aplicación resulta doado xa que é moi intuitiva.
O material que aquí se presenta non é unha colección de preguntas e respostas, senon un recurso para o manexo das preguntas e respostas, é dicir unha ferramenta totalmente configurable. Os dous grupos de preguntas que acompañan a este traballo só aparecen a título de exemplo. Comenzamos premendo no botón comezar , o programa “lee” o arquivo de preguntas, que pode ter calquera nome, pero en modo executable (“f20.exe”) ten que chamarse preguntas f20. Na seguinte pantalla podemos escribir o nome dos pilotos e seleccionar un circuito (grupo de preguntas). Cando prememos no circuito, automáticamente accedemos á pantalla principal do xogo.

Os elementos visuais que aparecen son:
  • Marcador: para mostrar os erros e acertos dos participantes.
  • Tarxeta de preguntas: aparece cunha animación. Consta de unha pregunta e ata catro posibles respostas. O usuario/a debe premer na resposta que considere correcta. Dependendo da configuración do xogo, pode iluminarse ou nom a frase verdadeira.
  • Indicador de tempo: descende segundo se vai consumindo o tempo.
  • Mensaxes: indicacións sobre a avaliación das respostas.
Desenvolvemento do xogo: Cada vez que premamos no botón “preguntas” aparecerá unha tarxeta. A cor da banda superior da tarxeta determina quen debe contestar. No momento que un/unha piloto erra, o turno pasa o seu / a súa compañeira, que o manterá ata que falle.
Cando un dos coches chega á meta ou rematan as preguntas finaliza o xogo.
O número de preguntas necesarias para finalizar unha carreira é imposible de preveer, e depende únicamente dos coñecementos dos e das participantes.

Como complemento a F20 temos edf20, un editor de preguntas sinxelo que permite crear arquivos de configuración en XML rápidamente.
Cando iniciamos a aplicación podemos abrir un arquivo de preguntas ou crear u novo. Neste caso só debemos crear un grupo e engadir as preguntas e respostas que desexemos.
Coa barra da parte inferior podemos: crear nova pregunta, borrar a actual , avanzar ou retroceder.
A lista de grupos permite escoller un grupo e os botóns de novo grupo e editor de grupos inician á pantalla de edición de grupos. Nesta pantalla temos a posibilidade de escoller o comportamento dos grupos, ademáis do nome. Decidir se as preguntas mostraránse na mesma orde, se indicarase a resposta correcta ( lóxicamente despois de contestar), e o tempo que ten o/a xogador para premer co rato na resposta que considera correcta.
Finalmente podemos ordear a lista de preguntas ou gardala para que esté dispoñible para f20.
O autor de esta aplicación e o mestre e informático: Fran Macías.

screenshot ScreenShot

Star Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff

Comments - Category: Galician language - Added on 13th Feb 2006 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |