Xogo en Liña incluido do Diccionario electrónico e-Estraviz que consta de dez niveis con cinco preguntas cada un.
Dada a proximidade formal do galego-portugués e do español , son frecuentes os casos de palabras similares ou moi parecidas, pero con significados diferentes -ás veces moi diferentes-. A situación da nosa lingua na Galiza cun avanzado proceso de deturpación fai que moitos significados pasen por propios cando en realidade son unha interferencia da "lingua común". Así, como moitos afirman, unha palabra castelán pode pasar por galega con mínimas modificacións (que ás veces nin fan falla).
O xogo consiste en dez niveis con cinco preguntas cada un (en total 50 preguntas), aínda que o proxecto pretende seguir medrando ate sobrepasar as 500. Agardan así poder atinxir a maioría e máis frecuentes falsos amigos que empobrecen a nosa lingua na Galiza.
|