Este programa é un elegante navegador baseado en Internet Explorer que inclúe diversas ferramentas de gran utilidade coas que navegar polas túas páxinas favoritas será máis cómodo e pracenteiro. Un dos principais extras é unha utilidade de recolección de información, na que podes copiar e pegar todos aqueles textos que che interesen de calqueira Web, téndoos sempre organizados e a man; unha forma moi práctica de recopilar datos de diversos sitios Web. Tamén dispón dun visualizador integrado para fotos e un reproductor co que poderás escoitar a túa música preferida mentras navegas, ou incluso ver vídeos, con soporte para un amplo abano de formatos multimedia. A navegación é moi cómoda gracias ao seu sistema de etiquetas que che permite abrir tantas páxinas como queiras nunha soa fiestra (tamén clasificadas por grupos). O programa permíteche ademáis bloquear fiestras pop-up, eliminar restos de navegación, deshabilitar scripts e restrinxir o acceso a certas páxinas. Podes tamén crear combinacións de teclas para as máis diversas funcións, establecer un buscador por defecto e accesos directos aos cartafois que uses con maior frecuencia.
Aquí podes descargar o arquivo coa traducción ao galego
Rewarded as an Excellent Freeware Program by the Primewares staff
|