Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → Counter Strike


Counter Strike
Galician Popular xogo que fai furor na rede de redes. Counter Strike sitúanos en diferentes ambientes e mapas nos que uns fan de bós e outros de malos, policías SWAT contra terroristas, cada un cun obxectivo final: eliminar ó enemigo. Neste proceso, uns teñen que rescatar a prisioneiros e outros teñen un tempo de cinco minutos para colocar unha bomba nun sitio definido do mapa. Ao comezar, cada xogador dispón de cen puntos de vida e cen de armadura se merca o escudo protector que fai as veces de chaleque antibalas. O bando que gaña recibe unha compensación económica que serve para mercar máis e mellores armas.

Entre as moitas virtudes de este xogo está o seu desmesurado realismo, o xenial mostrario de armas que os xogadores teñen á súa disposición e as tácticas dentro dos máis variopintos mapas, entre os que cabe destacar: Dust, Inferno, Cobble, Aztec, Vegas, 747, Militia, Oilrig e Vértixe. Nalgún deles hai, segundo os seus creadores, decenas de imaxes reais.

Ligazón directa ao parche que traduce Counter Strike ao galego
Comments - Category: Galician language - Added on 20th Dec 2003 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |