Latest Programs Popular Programs Excellent Programs About Primewares

Home → CocoAspell


CocoAspell
Galician Primeiro autocorrector directo de galego para Mac. O CocoAspell funciona co sistema OS X e permite a corrección automática de todos os programas nativos do sistema: o correo electrónico, o procesador de textos, o editor de html...
O CocoAspell está construído con base no Aspell desenvolvido para sistemas baseados en Unix, como Linux ou Mac OS X, e adaptado polo programador Anton Leuski para dotalo dunha correcta aparencia gráfica para os produtos da mazá. É, polo tanto, un programa de código aberto e de distribución gratuíta. O CocoAspell está dispoñíbel na actualidade para portugués do Brasil, alemán, dinamarqués, español, francés, inglés, islandés, italiano, neerlandés, noruegués, polaco, ruso, sueco e ucraíno.
Agora, grazas á versión elaborada por Manel Rives, un docente, usuario de Mac dende hai un decenio, e colaborador de MacWorld e MacByte, xa o está tamén en galego. O dicionario orixinal en Ispell fora realizado por André Ventas e Ramón Flores, e os portes a Aspell por Ramón Flores.
Esta é polo momento unha versión inicial do corrector, pois está baseada nun vocabulario galego anterior á última reforma normativa. Manel Rives, coa axuda do Instituto da Lingua Galega, está traballando na aplicación nunha futura versión do Vocabulario Ortográfico da post-reforma.
A única pequena incursión feita no software para mac en galego fora o Excalibur, un programa sobre o Mac OS X, pero que non era un corrector directo, e había que verquer nel os textos que desexábamos corrixir.
Comments - Category: Galician language - Added on 5th Jun 2004 by av -

Admin Login | Home | Top of this page |