É un programa freeware visualizador de fontes de texto extraordinariamente práctico, có que podes ver todas as fontes que teñas instaladas no teu sistema dunha soa ollada, ordeadas por columnas nunha soa xanela.
Se o desexas, tamén podes visualizar as fontes unha por unha, nunha xanela aparte, có texto de exemplo, cor, tamaño e formato que queiras. Tamén permiteche organizalas por categorías e imprimir unha lista con exemplos de cada unha.
Tamén é quen de instalar temporalmente unha ou varias fontes para utilizalas no momento liberando deste xeito ao teu computador da carga que supón ter unha morea de fontes instaladas.
O programa non precisa instalación, simplemente descomprime o
arquivo da páxina do traductor en http://www.blogia.com/martinho e executa o programa, para telo en galego terás que ir ao menú languages e escoller o idioma "español".
|